quinta-feira, 24 de maio de 2007

Chegou a hora II


O "case sempre en Galiza" naceu coa data de caducidade escrita na tapa e desde o meu centro de operacións habitual, véxase a foto, escribo a última entrada. Durante este tempo penso que serviu coma un instrumento de comunicación bastante útil para que lérades e vírades como me ían as cousas a 2.734 kms. ao norte da Coruña. Agora que xa vos podo contar en directo como me vai a vida, o case sempre perde a súa funcionalidade.

Este ano en Escocia deu moito de si; quizais non valeu para algunhas das cousas nas que eu pensaba antes de marchar, pero de certo valeu para moitas outras que non esperaba atoparme tan de cheo. No plano persoal non creo que aínda sexa demasiado consciente do impacto da experiencia; secadra, de entre as mellores cousas neste sentido, atópanse a xente interesante que coñecín e un modo de vida que para min foi novo en moitos aspectos. No plano intelectual si son consciente abondo do que supuxo: unha salvación.

O "case sempre en Galiza", dicía, naceu coa data de caducidade escrita na tapa e marca agora. Sen embargo...

Intúo que rexurdirá.

De paseo III


E non podía falar de Dublín e non poñer unha das fotos no inmenso museo/almacén da Guinnes. Esta está tirada no sétimo, e último, dos andares do museo. É un bar cilíndrico desde o que se pode ver boa parte da cidade e no que, aínda por riba, invítanche a unha Guinnes. Teño que dicir que, aínda despois de dúas horas recibindo información do proceso de elaboración da devandita cervexa, as 11 da mañá segue sen ser un bo momento para meterse unha pinta... deixei a metade.

De paseo II


Aínda que Kevin non paraba de repetir que en Dublín pasaban as catro estacións nun só día, e razón non lle faltaba, a verdade é que tivemos un tempo caralludo. Esta foto está sacada na parte verán do día, xusto antes de coller o avión para o aeroporto, de fondo unha das múltiples pontes que cruzan o Liffey; esta inaugurouse no tempo en que os ingleses dominaban a illa, ao mellor é por iso a xente non adoita cruzala (emprégase para que pase o tranvía; si, un tranvía que usa a xente normal e que cumpre unha función).

quarta-feira, 23 de maio de 2007

De paseo


Despois de deixar Dundee o día 18 pasamos, como xa vos comentara, uns días en Dublín ocupando a casa de Kevin. Esta, no monumento a Oscar Wilde, é unha das pouquísimas fotos na que aparecemos os tres. Kevin é unha desas persoas que che fan recuperar a fe no xénero humano, incríbel anfitrión, fixo ademais de guía por Dublín adiante durante tres días; durmimos na súa casa, estivemos cos seus colegas, aturou os momentos de comprar regalos e, grazas a el, melloramos o noso ouvido para o inglés (para que vos fagades unha idea, vocaliza coma min) e somos capaces de entender o acento dos Dubliners. Pois iso, que foron catro días moi bos, nos que estivemos por Dublín, por certo ateigado de españois, e que serviron para suavizar o inmediato da reincorporación á vida en Galiza.

quarta-feira, 16 de maio de 2007

De picnic


Vai outra entrada, que hoxe estou lanzado. Isto foi hai un par de semanas, de pseudo-churrascada coas mini barbacoas desbot'abeis de 1£. En pe tres galegos e un espanhol de Zaragoza, que ademais o tapo eu. No chan, colegas de Polonia (que aqu'i son lexi'on) con Elisa ao fondo. A de branco, moza do de amarelo, ofreceunos a s'ua casa e os seus servizos como gu'ia tur'istica, para unha viaxe polo pa'is no que presidente e primeiro ministro son irm'ans xemelgos a finais de ver'an... ahh... o amor non ten fronteiras.

De cea II


E para non excluir 'a Esteva'inha, autora da foto da entrada anterior, aqu'i vai unha foto s'ua. Tam'en vos presento ao drag'on que est'a chantado no medio da High Street de Dundee.

Non vos parece unha m'agoa que non o vira Paco V'azquez antes de marchar para o Vaticano? O bonito que 'ia quedar semellante animal ao car'on do Millenium, maxestuoso, mirando ao mar...

De cea


Como poderedes deducir, estas 'ultimas semanas estiven moi liado. Agora as cousas andan un pouco m'ais relaxadas.
Aproveito este momento de alegr'ia vacacional para presentarvos a algunha xentinha de clase. De esquerda a dereita: Brais (da colonia galega), Eu (si, medroume o pelo), Kayleigh (rebosa escocicidade; despois de tres meses con ela segu'ia sen collerlle o acento... empezala a entender ben supuxo un aumento de nivel moi ben recibido), Elisa (de Santa Cruz de Li'ans), Giorgina (escocesa con pronunciaci'on m'ais brit'anica... un alivio, sobre todo ao principio) e Kevin (irland'es cuxa casa imos ocupar do 18 ao 21; a amabilidade feita guinnes).
Tam'en vos presento 'a Counting House, o lugar onde transcorreu a cea e onde bebimos m'ais pintas e comimos m'ais almorzos escoceses (= inxecci'on de colesterol directa ao coraz'on).

terça-feira, 15 de maio de 2007

En breves pola Corunha

Hoxe non tenho foto, pero d'a igual. Acabo de facer o derradeiro exame.
Estou de vacaci'ons! Hoxe festa; manh'a recados... xa non queda nada.
Ach'egase a morte do case sempre?

segunda-feira, 7 de maio de 2007

Abur Italy Express


S'o paso pola biblioteca para devolver un par de pelis e de paso mirar o correo as'i que actualizaci'on r'apida, pero importante. Hoxe rematei de currar!!
Despois de sete meses entre pizzas, pastas, pans de allo, sopa do d'ia, patacas fritidas e un longo etc'etera de delicias graxentas, esta frase...
"Pizzas? Oh! We have cheese and tomatoe, pepperoni, ham and pineapple, chicken and sweetcorn and, the new one, spicy chicken"
... adquiriu a categor'ia de m'itica e para min 'e tan ou m'ais escocesa ca do cartel da foto.
Cousas boas que saquei do choio:
  1. Cartos.
  2. Despois de pelexarme sete meses cos habitantes de Dùn Dèagh, o meu ingl'es mellorou bastante/moito, sobre todo a capacidade de escoita.
  3. Unha invitaci'on a unha voda na India en xullo.
  4. Conhecer un amplo elenco de canci'ons tradicionais indias e unhas noci'ons b'asicas de indi.
  5. Conhecer xente: boa, interesante, rara e, tam'en, imb'ecil.
  6. O "National Insurance Number", que 'e BASTANTE chungo de conseguir e me vai facilitar moito as cousas se alg'un d'ia quero volver por estes lares.

Cousas malas que saquei do choio (menos das que esperaba):

  1. Aburrimento nos turnos de tarde por semana.
  2. Un corte no brazo que mereceu catro puntos e que alg'un solucionaba con d'uas tiritas... o que nos recorda, nenos e nenas, a importancia de saber de primeiros auxilios. Esta non foi mala, mala... digamos que regular, xa que me permitiu conhecer mellor o sistema sanitario escoc'es.

Vaia, seguro que me esquece algo, pero non me quero parar a pensar m'ais que manh'a tenho un exame.

P.D.: Mam'a, pap'a, tranquilos. Rexeitei a invitaci'on 'a voda india.

quinta-feira, 3 de maio de 2007

Elecci'ons


Hoxe estamos de elecci'ons. A pol'itica escocesa est'a bastante animada, desde logo... sobre todo na prensa. Eu que flipaba coa campanha que lle est'a facendo La Voz a Losada, non sab'ia realmente o que era xogar sucio, polo menos os da Voz disimulan (algo).
Entre as portadas dos "tabloids" sensacionalistas ingleses con edici'on escocesa podemos atopar hoxe titulares como: "Se votas ao SNP, aforcar'as a Escocia", "Recorda que votando hoxe elixir'as ao goberno escoc'es, non 'e un voto de castigo a Blair", "Non votas en contra da guerra de Iraq, votas aos que van dirixir as t'uas escolas e hospitais", "Este home (o da foto, pero con cara de s'adico) quere romper Escocia" etc. etc. Cando sa'in do choio 'as 15:00 fun comprar o Scotsman, "the Scottish National Newspaper" e era o 'unico que xa estaba esgotado; ser'a un sinal? esperemos que si.
Foto: Alex Salmond (SNP), pr'oximo First, que non Prime, Minister? ver'emolo (escoit'aremolo, que non temos tele) hoxe.

quarta-feira, 2 de maio de 2007

De libros e pizzas a montanhas e ovellas V


Agora si que xa est'a rematado o proxecto; onte fixen a presentaci'on e estivo bastante ben, a ver se conseguimos que nos pasen os v'ideos...
A foto est'a sacada desde diante do albergue no que durmimos na illa de Skye, xusto ao cruzar a ponte que une a illa co resto de Escocia, vaia sitio, vaia sitio!

segunda-feira, 30 de abril de 2007

Xa non queda nada


Manh'a presento o proxecto e a'inda tenho que practicar...

sábado, 28 de abril de 2007

Felicidades!!


Hoxe est'a de cumple minha nai!


A parte de que non tenho moito tempo para actualizar, non sei que poder'ia ponher dela que non resulte obvio, como que a quero e todas esas cousas. Ademais, minha nai xa sabe todo o que sinto por ela, non fai falta que o ponha aqu'i... Sen embargo, oc'orreseme que podo dicir que, cando eu nac'in, deixou a carreira e p'uxose a traballar para alimentar a un beb'e gordo e peludo; as'i que todas as cousas das que desfruto eu agora d'ebollas en boa medida ao seu esforzo. Fixo m'ais por min do que ningu'en far'a nunca.


A foto 'e de cando estiveron por aqu'i de visita, a cea de benvida no 7H.


E con esta entrada espero ponher fin ao empalague neste blog.

quinta-feira, 26 de abril de 2007

De libros e pizzas a montanhas e ovellas IV


Levaba querendo ponher a entrada anterior desde que estou aqu'i, por iso a exclusividade... Pero hai varias cousas que temos que tratar:
  1. Manda carallo as conexi'ons que hai no mundo. Ademais, parece que temos traballando para n'os 'a KGB, porque saiu 'a primeira.
  2. A Andr'es: Pois eu estaba a piques de pedirche que me levaras de paquete jajajaja... bueno, xa iremos a Boiro. De todas formas: Vamos en coche! yuhu!
  3. A foto 'e en Fort William, o para'iso dos montanheiros/as. Tanto 'e as'i que os vellos levan bast'ons de montanha e os beb'es gorros The North Face. Estiven nun bar que tinha movidas m'ais friki-montanheiras que o cadro que imos ter no local de Nyeri co anaco de corda (conste que me mola).
  4. Nas 5 horas que seguiron 'a entrega do proxecto, pensaba que era un dispositivo externo do port'atil, con porto USB.
  5. Coido que nunca puxera unha foto coa Estevainha, e xa 'ia sendo hora. Por certo, fixemos un trato: Quen saque mellor nota no proxecto, invita a unha mariscada... Algo haber'ia que sacar! jejeje.
  6. Por se algu'en non o sab'ia, volvo o 22 de maio, previo paso por Dubl'in jejeje.
  7. Para quen tinha d'ubidas: ao final curro at'e o 13 m'aximo na pizzer'ia italo-india-escocesa, p'aganme en man!
  8. Non puiden actualizar o 25, a'inda estaba recuperando enerx'ias; de todos os xeitos: Grandola vilamorena/ terra da fraternidade/ o povo 'e quem mais ordena...

Creo que con isto abonda por hoxe. V'emonos en breves!

P.D.: V'exanse os comentarios 'a entrada do 18, para o punto 1.

14.321 palabras despois...


... rematei o proxecto! Despois de sete meses pensando diariamente nos mesmos temas e de 15 d'ias pensando 23 horas ao d'ia nos mesmos temas, est'a feito. Coma sempre, pod'ia ter quedado mellor, coma sempre matar'ia por 15 d'ias m'ais, pero... vaia, non penso que sexa un desastre.

Pego a traduci'on dos agradecementos:


"A realizaci'on desta disertaci'on 'e, dalgunha maneira, o resultado de anos reflexionando sobre o nacionalismo. Quero agradecer a minha nai, Isabel, e a meu irm'an, Jacobo, a s'ua paciencia durante todos estes anos. Pola mesma raz'on, gustar'iame dar grazas 'as persoas con quen levo compartindo as comidas dos s'abados desde que podo recordar.

Por suposto, este traballo enm'arcase dentro dun ano de estudos na Universidade de Abertay Dundee, conducentes 'a obtenci'on do Honours Degree en sociolox'ia, no que aprend'in moit'isimo. Gustar'iame agradecer a meu pai, Arturo, o apoio incondicional que sempre me brindou para vir a Escocia.

Gustar'iame dar grazas a Estefan'ia Calo non s'o pola s'ua axuda durante a realizaci'on desta disertaci'on, sen'on polo seu apoio desde hai xa case cinco anos.

Por 'ultimo, a'inda que non por iso menos importante, quero agradecer ao meu supervisor, Alex Law, a s'ua direcci'on."


quarta-feira, 18 de abril de 2007

De libros e pizzas a montañas e ovellas (III)


Mentres percorríamos a estrada que acompaña a beira do lago Ness, atopamos un sendeiro que conducía a varias rotas de sendeirismo, algunha delas de máis de 5 horas. Como non quedaba moito tempo de luz e aínda tíñamos que dar volta a Inverness, optamos por facer a máis curta, arredor dunha horiña ida e volta. O sitio era impresionante e a verdade é que me quedei con ganas de voltar algún día e facer algo máis en serio, así que a ver se, de aquí a un tempo, se anima alguén.

Teño que dicir que antes de ir ás Highlands comezaba a identificar Escocia máis con Trainspotting ca con Rob Roy, agora a cousa xa está máis igualada, e menos mal...

segunda-feira, 16 de abril de 2007

XA SON NOSAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


TEMOS AS ENTRADAS. NON SEI COMO DESCRIBIR A ÚLTIMA HORA, PEGO UN ANACO DA CONVERSA CO RAÚL NO MESSENGER:


Mc Arthur dice:
hai que pensar que o mogollon de frikis entramos todos á vez, pero ten que chegar un momento que a cousa se suavice
Mc Arthur dice:
no? dime que si raul dime algo?Q!!!!
RAUL dice:
linea!
RAUL dice:
lle lle lle a
Mc Arthur dice:
añeiu.lng ñaj.únbglhjavschjblkmñ,kiukyhewajckbhñljugiyltkjsrazjkchblmñ,.
Mc Arthur dice:
´añibuyngñljhabsr dgljae br-ñljha ergñjaebr gñjhbqaegjñlhbaerkjñhaeñkj´bgñakjhdbgñakjhbrev
Mc Arthur dice:
ñiaqjbgrñakjhubergjñhabg.mnbadm.ng aermgnbqñejbtgañkjhbtgñkahjebrgñkjhbaerdgñhkjbaedrgñkjbañgk,adñkjaeñk,ad,
RAUL dice:
jaj
Mc Arthur dice:
que che din?!!!!!!!!!!!!!!!
Mc Arthur dice:
estás de coña?!!!!!!!!!!!!!!!!!!!????????????
RAUL dice:
espera
Mc Arthur dice:
pódoche matar
RAUL dice:
me tienen en espera
RAUL dice:
es un contestador
Mc Arthur dice:
jaoindjginadkjgnakjeñgbakdb
Mc Arthur dice:
aos frikis gústalles máis internet
RAUL dice:
escribe aki tu telefono español,te voy a llamar en cuanto me pasen y asi ablo contigo y decidimos el precio
RAUL dice:
sigo en espera
Mc Arthur dice:
659xxxxxx
RAUL dice:
ok
RAUL dice:
sigo esperando
Mc Arthur dice:
ok
RAUL dice:
cuando me pasen te llamo y te pongo en altavoz, igual no te ablo, pero te esperas asta q yo te pregunte,ok
Mc Arthur dice:
ok
Mc Arthur dice:
ok
Mc Arthur dice:
quero esas entradas!!!
Mc Arthur dice:
pero que che están contando, a historia da telefónica??!!!
RAUL dice:
"tb puede adkirir las entradas a traves de los cajeros sin gastos de gestion...etc etc,,,,bla bla bla" si , espera q cuelgo y bajo al cajero
Mc Arthur dice:
jajajajjajajajajajajajaja
Mc Arthur dice:
NO TE JODE, telefónica fillos de puta, dádenos as entradas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! cabróns!!!!!!!!!
RAUL dice:
67 euros a pie de pista
Mc Arthur dice:
vámonos! e o resto como son?!!
RAUL dice:
no se
Mc Arthur dice:
veña, por min vale. 1º fila
Mc Arthur dice:
PSICOFRENÉTICA
Mc Arthur dice:
dille á operadora: PRI PRI PRIMEIRA FILA SEÑORITA
RAUL dice:
jjajaj ya tengo 6 entradas!
RAUL dice:
oe oe oe
RAUL dice:
jajaj
RAUL dice:
oeeeeeeeeeeeeee!
Mc Arthur dice:
LLEA LLEA LLEA BABY
Mc Arthur dice:
LLEA LLEA
Mc Arthur dice:
LLEALLEALLEA
RAUL dice:
jaja
Mc Arthur dice:
LLEA LLEA LLEA LLEA

RABIA

POR QUE!!!!!????? Atopamos un teléfono ao que chamar. E telefónica nos informa de que a liña está saturada. Isto é demasiado. NON PODE SER, NON PODE SER.

LOUCURA

Loucura absoluta. Estou actualizando ás 5:28 horas da mañá (6:28 españolas); Raúl quedara en chamarme ás 6:00 para coller as entradas para o concerto de The Police en Barcelona. Acaba de chamarme hai dez minutos dicíndome que leva intentando entrar na web de venda de entradas desde antes das 6:00 e non o consigue porque atopa unha mensaxe na páxina (www.servicaixa.com) que lle di que non pode acceder a ela porque hai demasiada xente intentándoo á vez, así que baixa a un caixeiro a ver se pode facelo desde alí e me chama. As entradas púñanse á venda a partires das 6:00.

IMPRESIONANTE

Entro eu na páxina a ver se podo e concretamente di:
Atención: Para garantizar la calidad del servicio, temporalmente no podemos admitir más conexiones a la web. Por favor, reintenta la conexión pasados unos minutos. Gracias.

Isto está pasando de facerme graza a acojonarme por medo a quedarnos sen entradas. Maldita sexa, como pode pasar isto???????? Raúl leva intentando acceder á páxina desde antes das 6 da mañá, son as 6:35 e segue saturada!!!!!!!!!!!!!!!!!! Vou matar a alguén, vou matar a alguén. NON PODE SER QUE NOS QUEDEMOS SEN ENTRADAS (VAIA CONCERTAZO, VAIA CONCERTAZO, A PÁXINA SATURADA DESDE ANTES DAS 6 DA MAÑÁ).

Seguirei informando. Non pode ser... non pode ser!!!!!!!

sexta-feira, 13 de abril de 2007

De libros e pizzas a montañas e ovellas (II e medio)



Este si que é o lago Ness, vaia, un anaco do mesmo. Como podedes ver, tivemos un sol de carallo durante todas as vacacións.

P.D. para os colegas de escáus: Acabei o NRU!!!!!!!!!

De libros e pizzas a montañas e ovellas (II)


E... velaí o está! Por mor do interese suscitado arredor de Nessi, aquí tendes un documento gráfico do monstro do lago Ness. A foto está sacada nas instalacións da "Nessi Experience", onde hai un museo e todo tipo de trebellos relacionados co bicho.
Na viaxe, conduciu Moncho, o irmán da Estevaíña; ao principio, facíase un pouco raro levar o coche polo lado contrario, pero ao cabo de 5 minutos, xa estaba controladísimo. Despois de alugar o coche en Dundee fixemos unha viaxe de aproximadamente dúas horiñas e media até Inverness, que é unha vila ao norte do lago Ness bastante chula; alí fixemos noite. A media hora escasa ao sur de Inverness, comeza o IMPRESIONANTE lago, que ten 32 km. de longo e, creo recordar, chega aos 250 metros de profundidade. Hai máis auga no lago Ness que en todas as reservas de Inglaterra (ou iso puña no carteliño).
No mesmo día en que chegamos a Inverness, xa tiramos para o lago (cuxo final nunca chegamos a ver); no camiño atopamos varias rotas de sendeirismo, das cales fixemos unha e media... xa vos porei fotos, porque os sitios eran de flipar.
Ahh! por certo, hoxe, venres 13, volvemos a ter internet no 7H... día feliz.

quarta-feira, 11 de abril de 2007

De libros e pizzas a montanhas e ovellas (I)


O d'ia 30 de maio 'as 12 do mediod'ia tinha que entregar 4 traballos de curso diferentes que, finalmente, sumaron un total de 11752 palabras. Isto supuxo ser medio persoa da semana do 19 ao 25 e ser un zombie do 26 ao 30; O d'ia 30 'as 11:45 estaba hist'erico no 7H escribindo as referencias despois de non durmir en practicamente dous d'ias para o 'ultimo dos traballos. Estevainha, que ese d'ia madrugara, pasou de estar na cama durmindo tranquilamente a verse soterrada nunha morea de libros buscando cidades de edici'on, n'umeros de p'axina e editoriais mentres eu, con cara de psic'opata, e con 100 tics nos ollos por segundo, dic'ia: "Venha, r'apido Billig 1995!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! R'apido, r'apido, que non me vai dar tempo!!!!".
Mira que tenho feito traballos a 'ultima hora, pero o desta vez foi algo f'ora do normal. 'As 11:52 sa'in da casa a fume de carozo con rumbo 'a impresora da biblioteca, onde tiven que esperar a que unha rapaza de aspecto asi'atico e aparentando non m'ais de 12 anos de idade (ou iso me pareceu a min, que ben poder'ia tratarse de William Wallace despois de ganhar a batalla de Stirling) imprimira as que ben pod'ian ser as memorias de Mao en edici'on cr'itica comentada. Eu, con peor cara que Jack Nicholson n' O resplandor, vinha de bater 10 records do mundo e non pod'ia afastar a mirada psic'otica das follas que sa'ian da impresora. Finalmente, traballo en man, volv'in bater outro record do mundo para chegar 'a secretar'ia de sociolox'ia 'as 11:53 horas 'a vez que descubr'ia o leve adianto do meu reloxo. Como era de esperar a secretar'ia estaba ateigada de estudantes con caras semellantes 'a minha. Poucas veces sent'in que descargaba tanto stress como despois de cubrir o impreso correspondente para a entrega dese traballo (o da burocracia brit'anica merece unha entrada a maiores).
Ao d'ia seguinte, 31 de marzo, chegaban Moncho e Carmela a Edimburgo marcando o comezo dunhas vacaci'ons que durar'ian at'e o pasado d'ia nove. Alugamos un coche e percorrimos Escocia de abaixo a arriba e de Oeste a Leste; a foto est'a sacada nunha das m'ultiples paradas na viaxe, concretamente no castelo de Eilean Donan de caminho a illa de Skye.

terça-feira, 10 de abril de 2007

Xa estou aqu'i


Se despois da 'ultima actualizaci'on pensastes que sucumbira baixo tanta presi'on, estabades equivocadas e equivocados. O motivo do abandono temporal do blog nestes 'ultimos d'ias foi a visita de Moncho e Carmela (respectivamente, irm'an e cunhada da Estevainha).
Sen embargo, os acontecementos dos 'ultimos dez d'ias dificilmente poder'ian resumirse nunha soa entrada, polo que a direcci'on do Case sempre en Galiza decidiu publicar nas vindeiras edici'ons unha cr'onica do que pasou, titulada: "De libros e pizzas a montanhas e ovellas". Pero antes de nada, catro cousas:
  1. Felicidades con retraso a minha prima Susi e a meu primo Sergio!!!!! sinto non tervos felicitado como 'e debido, pero andaba sen o m'obil galego e, polo tanto, sen os vosos n'umeros.
  2. A Richi: Estamos trabajando en ello (con acento texano). Gracinhas por avisar!
  3. Aproveito o comentario do t'io Matt Penabad, para mandar unha agarimosa aperta a todos os lectores e lectoras nas sombras do Case sempre en Galiza; d'adeslle un aquel de misterio a este blog, facendo que acot'io me pregunte: "quen o ler'a? quen ampliar'a as fotos para velas mellor? quen ter'a as paredes do seu cuarto forradas con fotos do blog?".
  4. A Carmen A.: Gracinhas a M'onica pola invitaci'on. A verdade que non tenho claro cando regresarei; como moi tarde sobre o vinte de xunho.

A foto 'e un adianto do que se avecinha. Unha ovella con tendencias suicidas no medio das Highlands; a foto est'a sacada desde dentro do coche. Pero, que coche? preguntar'edesvos... iso desvelarase outro d'ia, que agora me botan da biblioteca.

segunda-feira, 26 de março de 2007

Xa se ve a luz!


Durante as 'ultimas semanas non fago m'ais que sa'ir/entrar a traballar para ponherme a estudar at'e que o corpo resista; onte, por exemplo, deiteime 'as 4. 'E por iso que tenho o blog abandonado... se a'inda vinhera San Wifi polo 7H, poder'ia actualizar, pero xa vai tempo que pasa de n'os. O 30 tenho que presentar todos os traballos, as'i que, para ben ou para mal, daremos por terminada esta 'epoca de durmir pouco (xuro que o outro d'ia cando pechei os ollos para sobar v'ia documentos de word).
Vou deixar de escribir xa, que sen'on empezarei a ponher referencias bibliogr'aficas. ARGHHH!!
A foto, como podedes imaxinar, 'e da viaxe a Liverpool. O museo est'a que FLIPAS.
P.D.: Sinto que minha prima Susi non vaia deixar m'ais comentarios, pero 'e que non tenho fotos s'uas que ponher. Confeso que cando me aburr'ia hab'ia veces que cotilleaba no seu fotolog adolescente... Jajajaja, que tempos aqueles de puberdade hormonada... Como lle debeu repetir minha t'ia infinitas veces durante estes 'ultimos d'ias: MIRA QUE O OUTRO D'IA APUNHALARON A UN EN SADA!! (pfff, reconhezo que eu sempre fun m'ais de Santa Cristina, pero se algunha vez 'ia a Sada, case ter'ia preferido que me apunhalaran a volver no bus aquel cheo de v'omitos e julais borrachos increpando ao pobre do buseiro... que paciencia...)

segunda-feira, 19 de março de 2007

PRECAUCI'ON! Esta entrada pode ferir a sensibilidade dalgunhas persoas como, por exemplo, fans de Tarantino, de Metallica ou do diario de Patricia.


Hoxe 'e o d'ia do pai e este 'e o meu con vinte e cinco primaveras. Por se iso fora pouco, creo que 'e o fan m'ais ac'errimo do blog, as'i que hoxe vai por 'el.
Meu pai descubriume os Beatles, puxo ao alcance das minhas mans a primeira guitarra el'ectrica, aprendeume a nadar, creo que tam'en a andar en bici, a que nos pubs era mellor beber cervexa de botella, xa que era menos corruptible, a facer surf (vaia, polo menos intentouno), a que fumar era malo e a un longo etc. de cousas.
Hai recordos que, sen saber por qu'e, quedan na memoria; un d'ia meu pai d'ixome: ?Prefer'ias tener un padre que no supiera quienes son los Smashing Pumpkins? Pues claro que no.
Espero que despois desta entrada a'inda haxa xente que lea o blog, aparte de meu pai. Prometo ponher fin a esta tendencia con urxencia. O metal invadir'a Case sempre en Galiza!!

segunda-feira, 12 de março de 2007

Rollo cultureta toca


Pelicul'on. Esta finde fomos ao DCA, que 'e algo as'i coma o Forum na Corunha; botan pelis que xa se estrearon hai tempo pero ben de prezo, con desconto para estudantes. Pelicul'on, pelicul'on, pelicul'on. Historia incr'ibel, tensi'on desde o minuto 1, creo que son d'uas horas e pico, pero f'anseche 10 minutos. De que vai? eu creo que do que queiras... para min, dun mundo no que a diversidade cultural a'inda 'e maior do que 'as veces pensamos e de como, 'a s'ua vez, ese mundo est'a totalmente interconectado (conexi'on que, na peli, se materializa na casualidade m'ais dr'astica)... vaia, tam'en vai de amores, odios, inxustizas etc. etc. Historia xenial, rebosa realismo, reparto bo'isimo (Brad Pitt, confirmado, 'e bo actor, Gael Garc'ia Bernal est'a incr'ibel...). Vamos, que se tedes a oportunidade de vela, v'edea.
Cambiando de tema... xa que hoxe o blog vai de rollo cultureta, vouno politizar un pouco, tampouco teredes queixa que por agora estivo moi apol'itico. Onte no curro deume por preguntarlle ao xefe, que fala un ingl'es impec'abel, se en India era habitual que a xente falara ingl'es, polo menos un m'inimo (por iso de que 'e ex-colonia e tal) e contestoume que nas aldeas hai xente que o entende, podendo incluso falalo, pero que nas grandes cidades a cousa cambia. Al'i hai xente que fala en ingl'es, non xa como segunda lingua, sen'on entre si, como lingua de uso coti'an, tendo incluso dificultades para falar ou entender indi, esquecido algunhas xeraci'ons atr'as. Ao principio sorprendeume, pero ao cabo dun rato pensei que ben lle poder'ia ter contestado: Nas aldeas galegas, hai xente que entende o castel'an podendo, incluso, falalo; pero nas cidades hai xente que o fala, non xa como segunda lingua, sen'on entre si, como lingua de uso coti'an, e que tenhen dificultades para falar ou entender o galego, esquecido algunhas xeraci'ons atr'as.
P.D: Apertas intern'auticas para meu t'io Andr'es, que est'a con neumon'ia; a 'ultima vez que falei con el, que estaba con bronquitis, d'ixome: "Si morro tampouco pasa nada, que o ataud me colle no coche (tremendo mercedes 4x4 que se acaba de comprar)". NON, MALDITA SEA, ESE NON 'E O RAZONAMENTO. RECUP'ERATE!!!

quarta-feira, 7 de março de 2007

Por se alg'un ignorante de la vida a'inda non se enterara


Si, amigos e amigas, 'e dif'icil de crer, pero na escea musical internacional pode que houbera un regreso a'inda m'ais esperado que o de Pr'incipe Neutrex.

Xa vai tempo que sa'ira a noticia, pero este domingo o suplemento do Times (que 'e como 5 dos da Voz de Galicia xuntos) vinha cunha s'uper entrevista de 6 p'axinas aos Police!!!!!!!!!!!! Xa me vedes o domingo pola manh'a apurando a compralo. Vale, aquela manh'a non toquei un libro, pero sei que Stuart Copeland lle rompera tres costelas a Sting e que os motivos da separaci'on foran basicamente do tipo: eu son m'ais guapo, eu quero facer un solo de bater'ia de 50 minutos, eu quero ser un guitar-hero etc. etc. Vamos, o de sempre.

L'ua vermella, derramamentos de sangue e cervexa e decisi'ons importantes... vaia semana


Foto da l'ua a medio eclipsar desde a fiestra do 7H. Se a l'ua aparece vermella, debe ser polas malleiras que se reparten no karaoke de debaixo da casa, eu non sei de onde sacan tanta enerx'ia esa panda de xubilados... xa o dic'ia Legolas: "Ceo vermello, derramamento de sangue".

Nun momento de aburrimento da semana pasada deume por ler o meu hor'oscopo e punha algo as'i como: "A semana que v'en vas ter que facer unha decisi'on importante para o teu futuro"... chorrada horosquipil 'a que non lle prestei m'ais importancia. Pero resulta que o hor'oscopo se quedou curto porque non 'e unha, sen'on varias, as decisi'ons a tomar.
En primeiro lugar tenho que decidir se fago ou non as pr'acticas de sociolox'ia este ver'an. A cousa est'a dif'icil, porque levan prioridade os/as que foron exclu'idos/as no proceso de selecci'on do ano anterior (que, creo, non son poucos/as), de todas formas, penso que me vou presentar porque as'i, en caso de quedar f'ora, terei prioridade para facelas durante o curso que v'en; ala, primeira decisi'on tomada.
Pero, claro, a segunda decisi'on pres'entase m'ais complicada do que eu pensaba nun principio... Onde facer as pr'acticas? ou mellor dito, Onde solicitar facer as pr'acticas? Ao principio tinha claro que 'ia pedir as do Concello da Corunha; pensaba: preto da casa... Mar'ia Pita en ver'an 'e un sitio agrad'abel para ir a traballar... traballo de funcionario... sen o postureo caracter'istico do sector privado... E, incluso, pensaba: conhecer o funcionamento do Concello por dentro... vivir a pol'itica dos pasillos... jajaja, at'e poder'ia ser divertido.
O problema tomou corpo cando recib'in os impresos que tenho que enviar por fax, xa que hai outra posibilidade na que non pensara: Recursos humanos nunha empresa do sector privado. Creo que o razonamento ser'ia:
  • Para que vou facer as pr'acticas? Pois para ponhelo no curriculum confiando en que, dalgunha maneira, iso suponha unha vantaxe 'a hora de buscar choio.
  • Que valorar'an m'ais as empresas, unhas pr'acticas en RR.HH. ou unhas no Concello da Corunha? Pois parece obvio que en RR.HH.
O problema de facer as pr'acticas en RR.HH. 'e, basicamente, que non me chama un carallo desde ning'un punto de vista, de todas formas, creo que as acabarei solicitando a'i. Se conseguides facerme cambiar de opini'on estar'ia tremendo, as'i que... ala, a deixar comentarios.

terça-feira, 27 de fevereiro de 2007

De volta ao traballo; iso si, un mes m'ais para a entrega do proxecto :)


Tremenda semana vacacional. Estivemos en Dundee, en St. Andrews e en Edimburgo; pas'amolo pipa.
A foto 'e no castelo de Edimburgo, de esquerda a dereita:

Jacobo: Meu irm'an. O luns pasado decidiu madrugar e vir a unha hora de clase comigo e coa Estevainha; enterarse, non se enterar'ia de moito, pero pas'amolo ben. Cada vez que o profesor miraba na nosa direcci'on, Jacobo punha a man diante da cara e miraba para min sen poder conter a risa, ent'on o profesor miraba para outro lado ponhendo cara de Gene Wilder dando clase en El jovencito Frankenstein pel'icula que, por certo, vimos o martes noite no 7H, o cal nos causou, como 'e l'oxico, m'ultiples ataques de risa (ag'as a minha nai, que non quere reconhecer que lle gustou; cando todos r'iamos ela dic'ia: "Boh, no s'e c'omo os puede hacer gracia esa tonter'ia", frase m'itica de minha nai. Por suposto, en realidade fac'ialle graza).

Encarn'in: Minha avoa. Malia ser a maior do grupo, foi, con moita diferenza, a que menos se cansaba 'a hora de caminhar, subir costas, cargar coa equipaxe etc. etc. A noite do luns foi hist'orica por ser a primeira vez en que non era ela quen fac'ia a cea para min, sen'on ao rev'es ('e certo, Estevainha cocinhou, pero porque eu estaba recoll'endoos en Edimburgo! De todas formas foi unha cea impresionante que requiriu un mes de preparativos, consultas e compras nos que participei activamente). Ademais, regaloume a minha nova e chul'isima gorra que mola infinito, a'inda que Jacobo diga que 'e de vello... (o seu pendente-diamante mola moito m'ais, claro); xa porei algunha foto para que xulguedes por v'os mesmos/as.

Isabel: Minha nai. Para que minha nai diga que o pasou ben e non: "Bah, tampoco fue para tanto" despois dunhas vacaci'ons, xa puideron ser flipantes. Percorrimos con ela todas as tendas de Dundee, St. Andrews e Edimburgo; hai que dicir que levou fatal o horario laboral escoc'es ('as 6, todo pechado). Malia saber m'ais gram'atica inglesa ca min, tardou en dicir "thanks" en vez de "gracias" e "hi" en vez de "hola", sen rir despois. Creo que foi ela quen quedou coas fotos, as'i que suponho que as andar'a ensinando a todo o mundo.

Arturo: Eu. Buff, xa estou canso de escribir... direi que o pasei tremendo, foi unha semana de vacaci'ons... agora volvo co proxecto e traballos varios.

Esteva'inha: Minha companheira de piso en particular e de vida en xeral. Tam'en o pasou tremendo. Nos d'ias de Dundee, todo o tempo preocupada de se o resto est'abamos c'omodos/as e a gusto, anfitriona exemplar.
Estevainha: "Arturo, que por a'i se vai 'a praia!"
Arturo: "Que non, que isto 'e o paseo mar'itimo"
Claro, ao final 'iase 'a praia.

domingo, 18 de fevereiro de 2007

Visita inminente!!!!!!!!!!!!!!


Hoxe chega visita! Despois de preparativos varios, ao cabo chega a hora... hoxe 'as 19:45 chegan minha nai, meu irm'an e minha avoa a Edimburgo e as 22:35 chegamos a Dundee. Despois dun mes raiando aos colegas escoceses para sonsacarlles alg'un alimento digno de entre a s'ua limitada gastronom'ia nacional, temos incluso a cea preparada. Tam'en itinerarios preparados para aproveitar at'e o 24 que andan por aqu'i. Van ser unhas vacaci'ons para elas e para n'os.
Na foto de arriba estou na minha caverna de estudo, currando no proxecto do cal xa levo escritas 4.000 das 10.000 palabrinhas; antes tinha medo de non chegar e agora tenho medo de pasarme, a ver que pasa.
Como moitos/as de v'os xa sabedes xa tenho, POR FIN, as notas, despois de 3 meses de correcci'ons varias (non s'o polos profes/as de aqu'i, sen'on tam'en por avaliadores externos, ou sexa, profes/as doutras universidades do Reino Unido para asegurar a uniformidade de criterios no sistema educativo estatal... que tomen nota na UdC). Pagou a pena a espera? 7,75 puntos de media sobre 10 din que si.
Como dixo meu primo Sergito: "Minha nai di que noraboa, pero eu non, que se che dan unha bolsa ser'a para aproveitala, digo eu". A'i falaches Sergito.

sábado, 10 de fevereiro de 2007

Como neva miudiño, como miudiño neva...



Hoxe non castigarei os vosos ollos facéndovos trocar apóstrofos por acentos gráficos; por que? preguntarédesvos... pois porque San Wifi voltou abenzoar o 7H coa súa presenza incorpórea, iso si, Forza do sinal: moi baixo; por canto tempo? iso quixera saber eu.

Cambiando de terzo. O sinal que vedes na foto está debaixo da miña casa. A primeira vista, parece de coña, logo parece que lle atopas a lóxica (secadra bastante humillante) ao descubrir o asilo que ten a cen metros, pero pasan os días... E chega a fin de semana... e ás 19:30 abre as portas o karaoke... a xente fuxe ás súas casas... todo está en silencio e... de súpeto, empezas a comprender a verdadeira natureza do sinal.

En Dundee non hai que terlle demasiado medo aos macarras de menos de 50 anos, senón a panda de vellos/as altamente violentos/as que se xuntan a "cantar" no Windsor Lounge, que é como se chama o karaoke. Non escribo "cantar" porque canten mal, senón porque esa é a excusa para comezar a dialéctica de: ti rómpesme a cervexa a min, eu ábroche a cabeza a ti etc.

Pois iso, que hoxe é sábado e vou quedar na casa a darlle voltas ao proxecto; a ver a que lían esta noite. En certo xeito, é como cando chapas na Coruña polas tardes e fas o intermedio ás 19:30 para ver Songoku.

terça-feira, 6 de fevereiro de 2007

De volta de Glasgow


Despois dunha fin de semana moi intensa na que en dous d'ias pateamos m'ais do que o resto do curso en Dundee, estamos de volta de Glasgow.
Datos:
1/ Fumos coas francesas (ente que se comp'on de catro persoas, a saber: Lea, Laure, Cecile e Dimitri), das que, seguramente, xa vos contei algunha historia cando estiven na Corunha en nadal. Por certo, que hoxe van vir ao 7H para ver As d'uas torres... velada friki internacional.
2/ Durmimos nun albergue (http://www.euro-hostels.co.uk/Glasgow_hostel/) que, malia non acadar a categor'ia de desastroso, foi sen d'ubida o peor dos que at'e o de agora visitamos. Eu durm'in nun cuarto de oito con Dimitri e outros 6 fulanos m'ais. Un deles, o que tinha na liteira de abaixo, era basicamente asi: http://www.chefantasia.com/sfondi/blade%202.jpg, e decidiu deixar os seus gallumbos colgados da minha cama at'e pasada 1 da madrugada.
3/ Visitamos unha chea de sitios tremendamente caralludos. Un deles, a catedral (ver foto); a 5 minutos da catedral hai un cemiterio inmenso desde o que se pode ver boa parte da cidade... Ademais, sobra dicir que o 99% dos museos son gratis e est'an tremendos.
4/ Coincidencias:
A/ Cando estaba no cuarto a piques de sa'ir a conhecer a noite Glasgowian, pet'aronme na porta... era Brais, o outro da Corunha, que vinhera a 'ultima hora cunha panda de espanhois que andan con el.
B/ Collendo o bus de volta a Dundee atopeime a Paul, colega escoc'es do que tam'en vos deb'in falar en nadal (foi o que nos fixo desconto no castelo de Stirling, onde curra e, sospeitamos, vive nas mazmorras). A conha 'e que vinha directamente de Barcelona onde, en palabras del mesmo: "Ia caminhando pensando que ao mellor me atopaba con Arturo" (????)... as horas no castelo p'aganse moi caras...; a frase acababa: "e vou e v'exote en Glasgow collendo o bus". Pois si, a verdade que manda carallo.
5/ O Celtic Connections non foi tan tremendo como esperaba. Para empezar era car'isimo, cada concerto pod'ia sa'ir por unhas 12 libras de media, as'i que nos limitamos a ver os concertos gratis de grupos n'obeis. A'inda as'i flipamos co nivelazo. Ref'orzase a minha devoci'on por Ortigueira.
6/ O ambiente nocturno absolutamente impresionante. Estivemos nun dos mellores antros que vin na vida: Firewater... O bar egeo... unha MERDA comparado con iso.
7/ Quedamos saturados pola comida lixo. Vaia, unhas m'ais que outros... Esteva'inha pasou a noite vomitando despois de deleitarse co marabilloso fish & chips http://www.icons.org.uk/theicons/collection/fish-and-chips/image_large.
Ach'egase o tempo de visitas... mantereivos informados/as.

quarta-feira, 24 de janeiro de 2007

Metade de semana, e as notas sen sa'ir... estamos impacientes


Os 'ultimos meses est'an a ser marabillosos para o panorama musical mundial. Presenzamos at'onitos o regreso de "Take That" e ficamos m'ais tranquilos tras saber que Britney Spears entrou nun centro de desintoxicaci'on (xa o deixara ben clarinho no seu 'ultimo 'exito: I'm toxic...).
Cavilando nestas cuesti'ons prometinme a min mesmo non quedar atr'as e por iso 'e que a finde que v'en, se o choio mo permite, irei a Glasgow, ao Celtic Connections (http://www.celticconnections.com/). Ala, a'i queda iso.
De todas formas, non todo son boas novas. Estame sa'indo un dente, como a meu afillado Andresito; a min estame doendo de carallo, levo dous d'ias coa man na meixela. Agora entendo por que chora tanto Andresito, as'i que fago un chamamento a toda a comunidade intern'autica para que vos solidaricedes con el.
Por certo, a foto 'e na r'ua principal de Dundee; saqueina hai dous d'ias.

quinta-feira, 18 de janeiro de 2007

This is not England (a xulgar pola foto, polo menos meteoroloxicamente)


Onte estivemos toda a tarde co Brais, outro da colonia corunhesa. Resulta que hai un par de d'ias nos avisaron desde A Corunha para mandar antes do xoves as fotos da orla de clase, as'i que xa nos vedes onte utilizando o fondo branco da banheira como o noso foto Art'us particular... e claro, como xa de sa'ir, pois sa'ir ben, tiramos toda a tarde ponhendo posturitas, bastante julais, por certo.


En plena sesi'on fotogr'afica empezou a nevar. Parece que, agora si, chegou o FRIO a Dundee. Onte 'a tarde caeron as primeiras folerpas de neve e hoxe 'a manh'a seguiu con m'ais forza (espera, espera... agora parou). Di a BBC que estamos a 2°C e seguir'a baixando at'e os 0°C (m'ax.) -4°C (m'in) do luns.


Por outra banda, despois de case 10 d'ias aqu'i despois das vacaci'ons, xa voltamos 'a vida dundeeniana con normalidade.


No plano acad'emico clases, lecturas e a sombra ameazante do proxecto, do que s'o levo 2.000 de 10.000 palabras e que cada vez me quita m'ais o sono.


No mundo da comida r'apida, xa entreguei o novo horario de clases a Vivek para facer o calendario de choio; onte pola manh'a aburrinme como unha ostra, en catro horas deb'in atender 12 persoas, a'inda que, como lle digo a un franc'es que traballa comigo, prefiro pasar o tempo aburrido que cargando caixas... como me aburr'ia, empecei a facer c'alculos e non entendo como ese negocio pode ser rend'abel, a'inda vai ter raz'on o polaco que di que estes son unha mafia e o negocio unha tapadeira... jajajajajajaja.


Na vida social a cousa normal'izase segundo vai chegando todo o mundo. Penso que xa estamos todos/as os do primeiro cuadrimestre; acaban de dicirme que esta finde hai festa na casa de aqu'i no hay quien viva... que raro...

Pois iso, prometo fotos novas dentro de moi pouquinho. Tomo nota da idea do Iago, jejejeje, o caso 'e que a'inda non me atrev'in a entrar no karaoke de marras, pero despois de todas as aventuras que vos contei co karaoke como protagonista, algo terei que facer.





terça-feira, 16 de janeiro de 2007

Na cova


Volviendo a casa para pasar las vacaciones de navidad, paramos en Liverpool y claro, todo aquel ser vivo que me conozca sabe lo que eso significa para m'i... dicen que all'i hubo un grupo a'un m'as m'itico que Pr'incipe Neutrex. Es dif'icil de creer, pero aqu'i tengo la prueba, el documento gr'afico que demuestra que estuve all'i, where it all began!


De todas formas, tengo muchas m'as fotos atesoradas de ese viaje que ir'an apareciendo por aqu'i.


Ah! esta entrada va en castellano, que se me quejan los fans de C'adiz, digo C'ai. Un saludo desde casi el polo norte... a'un recuerdo lo que era casi no poder levantarse por el calor que hac'ia en aquel verano de 2001, odisea en el espacio sur.




segunda-feira, 15 de janeiro de 2007

Xa instalado

Hoxe non hai foto... s'intoo! (pensei que as tinha no usb, pero non).

De todas formas quer'ia publicar esta entrada por varios motivos:

1/A Andrea. Pois traballo nun restaurante de comida r'apida italiana e, 'as veces, tam'en india. Isto fai que se produza un incremento dos meus ingresos econ'omicos ao tempo que aumenta a presenza de substancias nocivas no meu organismo, xa que tenho barra libre de pizzas, pastas, pan de allo, curri, korma e demais delicias da gastronom'ia italo-india; por suposto, todo banhado nunha densa capa de aceites e graxas de dubidosa procedencia.

2/ A Pombo. Noraboa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! (aproveito para facer un chamamento ao pobo corunhes e oleirense para que permaneza nas s'uas casas durante un per'iodo prudencial de 10 anos. Hai un galego n'ordico tolo conducindo polas nosas r'uas).

3/ A pap'a. Vale, abrigareime. E prometo colgar m'ais material gr'afico.

4/ Ao meu afillado e dem'ais. O monitor vai wai, temos un mini cine montado na casa. Por certo, xa me dixeron que Andresito non para de ver v'ideos meus para non esquecerme. Como mola.(tampouco vos pasedes, mirade como quedou Alex, o da naranja mec'anica)

5/ 'A loita anti-capitalista mundial. Que credes que pasou no meu primeiro d'ia de curro? Pois que houbo un incendio no Wellgate (centro comercial onde traballo); tivemos que desaloxar, o cal estivo wai porque perdimos trinta minutos de choio, vinheron dous coches de bombeiros, polic'ia etc. etc. Malia todo o dispositivo, n'os non vimos nin lume nin fume nin nada... ser'an paranoicos!

Marcho, que levo pr'esa (entro a choiar 'as 2 e tenho que comer... creo que hoxe me vou quentar uns callos deses que trouxen do Eroski).



quarta-feira, 10 de janeiro de 2007

Vivo


Despois de dezaoito horas, 18 HORAS, de viaxe, chegamos a Dundee.


Polo caminho tivemos catro horinhas para "ver" Manchester; digo "ver" porque m'ais ben parec'iamos extras de la noche de los muertos vivientes ou algo peor. Coido que a partires de a'i o corpo xa me 'ia por inercia, quedando durmido en lugares tan axeitados como unha cafetar'ia.


Na dureza da viaxe, por certo suavizada pola trilox'ia das pelis do senhor dos aneis que me trouxeron os reis a casa da minha companheira de piso, non houbo demasiadas an'ecdotas, pero por fortuna non houbo retrasos e collimos puntuais a extensa variedade de medios de transporte nos que viaxamos.


Hoxe, despois de durmir at'e a unha do mediod'ia, pasei polo choio e Vivek, o meu xefe, irm'an de Apu o dos Simpsons, comunicoume que empezo a currar o venres.


segunda-feira, 8 de janeiro de 2007

Chegou a hora


Pois si, chegou a hora; e velaí vai a primeira entrada de verdade neste blog que, en principio, porque nunca se sabe, nace para morrer no mesmo intre en que volva a escribir desde A Coruña, alá por maio.

Despois do que seguramente foi o nadal en que máis ganas tiven de ver á xente que quero e aprezo, prepárome para un periplo que comezará na avenida de Hércules a iso das 7:00 da mañá e rematará, toca madeira, sobre a 1:30, outra vez da mañá, no 7H de Lyon Street. Por diante moitas horas de viaxe en avión, bus, tren e outra vez bus. De Monte-Alto ao Tayside.
Tentarei sobrepoñerme a preguiza e dar conta das miñas aventuras a miúdo...
Vémonos!

segunda-feira, 1 de janeiro de 2007

Entrada de proba


Isto é unha entrada de proba. Simplemente quero comprobar

que isto funciona

Podes visitar esta web http://www.fotolog.com/casesempreengz e mirala.

Que vaia ben.