quinta-feira, 3 de maio de 2007

Elecci'ons


Hoxe estamos de elecci'ons. A pol'itica escocesa est'a bastante animada, desde logo... sobre todo na prensa. Eu que flipaba coa campanha que lle est'a facendo La Voz a Losada, non sab'ia realmente o que era xogar sucio, polo menos os da Voz disimulan (algo).
Entre as portadas dos "tabloids" sensacionalistas ingleses con edici'on escocesa podemos atopar hoxe titulares como: "Se votas ao SNP, aforcar'as a Escocia", "Recorda que votando hoxe elixir'as ao goberno escoc'es, non 'e un voto de castigo a Blair", "Non votas en contra da guerra de Iraq, votas aos que van dirixir as t'uas escolas e hospitais", "Este home (o da foto, pero con cara de s'adico) quere romper Escocia" etc. etc. Cando sa'in do choio 'as 15:00 fun comprar o Scotsman, "the Scottish National Newspaper" e era o 'unico que xa estaba esgotado; ser'a un sinal? esperemos que si.
Foto: Alex Salmond (SNP), pr'oximo First, que non Prime, Minister? ver'emolo (escoit'aremolo, que non temos tele) hoxe.

Sem comentários: