quinta-feira, 24 de maio de 2007

Chegou a hora II


O "case sempre en Galiza" naceu coa data de caducidade escrita na tapa e desde o meu centro de operacións habitual, véxase a foto, escribo a última entrada. Durante este tempo penso que serviu coma un instrumento de comunicación bastante útil para que lérades e vírades como me ían as cousas a 2.734 kms. ao norte da Coruña. Agora que xa vos podo contar en directo como me vai a vida, o case sempre perde a súa funcionalidade.

Este ano en Escocia deu moito de si; quizais non valeu para algunhas das cousas nas que eu pensaba antes de marchar, pero de certo valeu para moitas outras que non esperaba atoparme tan de cheo. No plano persoal non creo que aínda sexa demasiado consciente do impacto da experiencia; secadra, de entre as mellores cousas neste sentido, atópanse a xente interesante que coñecín e un modo de vida que para min foi novo en moitos aspectos. No plano intelectual si son consciente abondo do que supuxo: unha salvación.

O "case sempre en Galiza", dicía, naceu coa data de caducidade escrita na tapa e marca agora. Sen embargo...

Intúo que rexurdirá.

De paseo III


E non podía falar de Dublín e non poñer unha das fotos no inmenso museo/almacén da Guinnes. Esta está tirada no sétimo, e último, dos andares do museo. É un bar cilíndrico desde o que se pode ver boa parte da cidade e no que, aínda por riba, invítanche a unha Guinnes. Teño que dicir que, aínda despois de dúas horas recibindo información do proceso de elaboración da devandita cervexa, as 11 da mañá segue sen ser un bo momento para meterse unha pinta... deixei a metade.

De paseo II


Aínda que Kevin non paraba de repetir que en Dublín pasaban as catro estacións nun só día, e razón non lle faltaba, a verdade é que tivemos un tempo caralludo. Esta foto está sacada na parte verán do día, xusto antes de coller o avión para o aeroporto, de fondo unha das múltiples pontes que cruzan o Liffey; esta inaugurouse no tempo en que os ingleses dominaban a illa, ao mellor é por iso a xente non adoita cruzala (emprégase para que pase o tranvía; si, un tranvía que usa a xente normal e que cumpre unha función).

quarta-feira, 23 de maio de 2007

De paseo


Despois de deixar Dundee o día 18 pasamos, como xa vos comentara, uns días en Dublín ocupando a casa de Kevin. Esta, no monumento a Oscar Wilde, é unha das pouquísimas fotos na que aparecemos os tres. Kevin é unha desas persoas que che fan recuperar a fe no xénero humano, incríbel anfitrión, fixo ademais de guía por Dublín adiante durante tres días; durmimos na súa casa, estivemos cos seus colegas, aturou os momentos de comprar regalos e, grazas a el, melloramos o noso ouvido para o inglés (para que vos fagades unha idea, vocaliza coma min) e somos capaces de entender o acento dos Dubliners. Pois iso, que foron catro días moi bos, nos que estivemos por Dublín, por certo ateigado de españois, e que serviron para suavizar o inmediato da reincorporación á vida en Galiza.

quarta-feira, 16 de maio de 2007

De picnic


Vai outra entrada, que hoxe estou lanzado. Isto foi hai un par de semanas, de pseudo-churrascada coas mini barbacoas desbot'abeis de 1£. En pe tres galegos e un espanhol de Zaragoza, que ademais o tapo eu. No chan, colegas de Polonia (que aqu'i son lexi'on) con Elisa ao fondo. A de branco, moza do de amarelo, ofreceunos a s'ua casa e os seus servizos como gu'ia tur'istica, para unha viaxe polo pa'is no que presidente e primeiro ministro son irm'ans xemelgos a finais de ver'an... ahh... o amor non ten fronteiras.

De cea II


E para non excluir 'a Esteva'inha, autora da foto da entrada anterior, aqu'i vai unha foto s'ua. Tam'en vos presento ao drag'on que est'a chantado no medio da High Street de Dundee.

Non vos parece unha m'agoa que non o vira Paco V'azquez antes de marchar para o Vaticano? O bonito que 'ia quedar semellante animal ao car'on do Millenium, maxestuoso, mirando ao mar...

De cea


Como poderedes deducir, estas 'ultimas semanas estiven moi liado. Agora as cousas andan un pouco m'ais relaxadas.
Aproveito este momento de alegr'ia vacacional para presentarvos a algunha xentinha de clase. De esquerda a dereita: Brais (da colonia galega), Eu (si, medroume o pelo), Kayleigh (rebosa escocicidade; despois de tres meses con ela segu'ia sen collerlle o acento... empezala a entender ben supuxo un aumento de nivel moi ben recibido), Elisa (de Santa Cruz de Li'ans), Giorgina (escocesa con pronunciaci'on m'ais brit'anica... un alivio, sobre todo ao principio) e Kevin (irland'es cuxa casa imos ocupar do 18 ao 21; a amabilidade feita guinnes).
Tam'en vos presento 'a Counting House, o lugar onde transcorreu a cea e onde bebimos m'ais pintas e comimos m'ais almorzos escoceses (= inxecci'on de colesterol directa ao coraz'on).