segunda-feira, 30 de abril de 2007

Xa non queda nada


Manh'a presento o proxecto e a'inda tenho que practicar...

sábado, 28 de abril de 2007

Felicidades!!


Hoxe est'a de cumple minha nai!


A parte de que non tenho moito tempo para actualizar, non sei que poder'ia ponher dela que non resulte obvio, como que a quero e todas esas cousas. Ademais, minha nai xa sabe todo o que sinto por ela, non fai falta que o ponha aqu'i... Sen embargo, oc'orreseme que podo dicir que, cando eu nac'in, deixou a carreira e p'uxose a traballar para alimentar a un beb'e gordo e peludo; as'i que todas as cousas das que desfruto eu agora d'ebollas en boa medida ao seu esforzo. Fixo m'ais por min do que ningu'en far'a nunca.


A foto 'e de cando estiveron por aqu'i de visita, a cea de benvida no 7H.


E con esta entrada espero ponher fin ao empalague neste blog.

quinta-feira, 26 de abril de 2007

De libros e pizzas a montanhas e ovellas IV


Levaba querendo ponher a entrada anterior desde que estou aqu'i, por iso a exclusividade... Pero hai varias cousas que temos que tratar:
  1. Manda carallo as conexi'ons que hai no mundo. Ademais, parece que temos traballando para n'os 'a KGB, porque saiu 'a primeira.
  2. A Andr'es: Pois eu estaba a piques de pedirche que me levaras de paquete jajajaja... bueno, xa iremos a Boiro. De todas formas: Vamos en coche! yuhu!
  3. A foto 'e en Fort William, o para'iso dos montanheiros/as. Tanto 'e as'i que os vellos levan bast'ons de montanha e os beb'es gorros The North Face. Estiven nun bar que tinha movidas m'ais friki-montanheiras que o cadro que imos ter no local de Nyeri co anaco de corda (conste que me mola).
  4. Nas 5 horas que seguiron 'a entrega do proxecto, pensaba que era un dispositivo externo do port'atil, con porto USB.
  5. Coido que nunca puxera unha foto coa Estevainha, e xa 'ia sendo hora. Por certo, fixemos un trato: Quen saque mellor nota no proxecto, invita a unha mariscada... Algo haber'ia que sacar! jejeje.
  6. Por se algu'en non o sab'ia, volvo o 22 de maio, previo paso por Dubl'in jejeje.
  7. Para quen tinha d'ubidas: ao final curro at'e o 13 m'aximo na pizzer'ia italo-india-escocesa, p'aganme en man!
  8. Non puiden actualizar o 25, a'inda estaba recuperando enerx'ias; de todos os xeitos: Grandola vilamorena/ terra da fraternidade/ o povo 'e quem mais ordena...

Creo que con isto abonda por hoxe. V'emonos en breves!

P.D.: V'exanse os comentarios 'a entrada do 18, para o punto 1.

14.321 palabras despois...


... rematei o proxecto! Despois de sete meses pensando diariamente nos mesmos temas e de 15 d'ias pensando 23 horas ao d'ia nos mesmos temas, est'a feito. Coma sempre, pod'ia ter quedado mellor, coma sempre matar'ia por 15 d'ias m'ais, pero... vaia, non penso que sexa un desastre.

Pego a traduci'on dos agradecementos:


"A realizaci'on desta disertaci'on 'e, dalgunha maneira, o resultado de anos reflexionando sobre o nacionalismo. Quero agradecer a minha nai, Isabel, e a meu irm'an, Jacobo, a s'ua paciencia durante todos estes anos. Pola mesma raz'on, gustar'iame dar grazas 'as persoas con quen levo compartindo as comidas dos s'abados desde que podo recordar.

Por suposto, este traballo enm'arcase dentro dun ano de estudos na Universidade de Abertay Dundee, conducentes 'a obtenci'on do Honours Degree en sociolox'ia, no que aprend'in moit'isimo. Gustar'iame agradecer a meu pai, Arturo, o apoio incondicional que sempre me brindou para vir a Escocia.

Gustar'iame dar grazas a Estefan'ia Calo non s'o pola s'ua axuda durante a realizaci'on desta disertaci'on, sen'on polo seu apoio desde hai xa case cinco anos.

Por 'ultimo, a'inda que non por iso menos importante, quero agradecer ao meu supervisor, Alex Law, a s'ua direcci'on."


quarta-feira, 18 de abril de 2007

De libros e pizzas a montañas e ovellas (III)


Mentres percorríamos a estrada que acompaña a beira do lago Ness, atopamos un sendeiro que conducía a varias rotas de sendeirismo, algunha delas de máis de 5 horas. Como non quedaba moito tempo de luz e aínda tíñamos que dar volta a Inverness, optamos por facer a máis curta, arredor dunha horiña ida e volta. O sitio era impresionante e a verdade é que me quedei con ganas de voltar algún día e facer algo máis en serio, así que a ver se, de aquí a un tempo, se anima alguén.

Teño que dicir que antes de ir ás Highlands comezaba a identificar Escocia máis con Trainspotting ca con Rob Roy, agora a cousa xa está máis igualada, e menos mal...

segunda-feira, 16 de abril de 2007

XA SON NOSAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


TEMOS AS ENTRADAS. NON SEI COMO DESCRIBIR A ÚLTIMA HORA, PEGO UN ANACO DA CONVERSA CO RAÚL NO MESSENGER:


Mc Arthur dice:
hai que pensar que o mogollon de frikis entramos todos á vez, pero ten que chegar un momento que a cousa se suavice
Mc Arthur dice:
no? dime que si raul dime algo?Q!!!!
RAUL dice:
linea!
RAUL dice:
lle lle lle a
Mc Arthur dice:
añeiu.lng ñaj.únbglhjavschjblkmñ,kiukyhewajckbhñljugiyltkjsrazjkchblmñ,.
Mc Arthur dice:
´añibuyngñljhabsr dgljae br-ñljha ergñjaebr gñjhbqaegjñlhbaerkjñhaeñkj´bgñakjhdbgñakjhbrev
Mc Arthur dice:
ñiaqjbgrñakjhubergjñhabg.mnbadm.ng aermgnbqñejbtgañkjhbtgñkahjebrgñkjhbaerdgñhkjbaedrgñkjbañgk,adñkjaeñk,ad,
RAUL dice:
jaj
Mc Arthur dice:
que che din?!!!!!!!!!!!!!!!
Mc Arthur dice:
estás de coña?!!!!!!!!!!!!!!!!!!!????????????
RAUL dice:
espera
Mc Arthur dice:
pódoche matar
RAUL dice:
me tienen en espera
RAUL dice:
es un contestador
Mc Arthur dice:
jaoindjginadkjgnakjeñgbakdb
Mc Arthur dice:
aos frikis gústalles máis internet
RAUL dice:
escribe aki tu telefono español,te voy a llamar en cuanto me pasen y asi ablo contigo y decidimos el precio
RAUL dice:
sigo en espera
Mc Arthur dice:
659xxxxxx
RAUL dice:
ok
RAUL dice:
sigo esperando
Mc Arthur dice:
ok
RAUL dice:
cuando me pasen te llamo y te pongo en altavoz, igual no te ablo, pero te esperas asta q yo te pregunte,ok
Mc Arthur dice:
ok
Mc Arthur dice:
ok
Mc Arthur dice:
quero esas entradas!!!
Mc Arthur dice:
pero que che están contando, a historia da telefónica??!!!
RAUL dice:
"tb puede adkirir las entradas a traves de los cajeros sin gastos de gestion...etc etc,,,,bla bla bla" si , espera q cuelgo y bajo al cajero
Mc Arthur dice:
jajajajjajajajajajajajaja
Mc Arthur dice:
NO TE JODE, telefónica fillos de puta, dádenos as entradas!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! cabróns!!!!!!!!!
RAUL dice:
67 euros a pie de pista
Mc Arthur dice:
vámonos! e o resto como son?!!
RAUL dice:
no se
Mc Arthur dice:
veña, por min vale. 1º fila
Mc Arthur dice:
PSICOFRENÉTICA
Mc Arthur dice:
dille á operadora: PRI PRI PRIMEIRA FILA SEÑORITA
RAUL dice:
jjajaj ya tengo 6 entradas!
RAUL dice:
oe oe oe
RAUL dice:
jajaj
RAUL dice:
oeeeeeeeeeeeeee!
Mc Arthur dice:
LLEA LLEA LLEA BABY
Mc Arthur dice:
LLEA LLEA
Mc Arthur dice:
LLEALLEALLEA
RAUL dice:
jaja
Mc Arthur dice:
LLEA LLEA LLEA LLEA

RABIA

POR QUE!!!!!????? Atopamos un teléfono ao que chamar. E telefónica nos informa de que a liña está saturada. Isto é demasiado. NON PODE SER, NON PODE SER.

LOUCURA

Loucura absoluta. Estou actualizando ás 5:28 horas da mañá (6:28 españolas); Raúl quedara en chamarme ás 6:00 para coller as entradas para o concerto de The Police en Barcelona. Acaba de chamarme hai dez minutos dicíndome que leva intentando entrar na web de venda de entradas desde antes das 6:00 e non o consigue porque atopa unha mensaxe na páxina (www.servicaixa.com) que lle di que non pode acceder a ela porque hai demasiada xente intentándoo á vez, así que baixa a un caixeiro a ver se pode facelo desde alí e me chama. As entradas púñanse á venda a partires das 6:00.

IMPRESIONANTE

Entro eu na páxina a ver se podo e concretamente di:
Atención: Para garantizar la calidad del servicio, temporalmente no podemos admitir más conexiones a la web. Por favor, reintenta la conexión pasados unos minutos. Gracias.

Isto está pasando de facerme graza a acojonarme por medo a quedarnos sen entradas. Maldita sexa, como pode pasar isto???????? Raúl leva intentando acceder á páxina desde antes das 6 da mañá, son as 6:35 e segue saturada!!!!!!!!!!!!!!!!!! Vou matar a alguén, vou matar a alguén. NON PODE SER QUE NOS QUEDEMOS SEN ENTRADAS (VAIA CONCERTAZO, VAIA CONCERTAZO, A PÁXINA SATURADA DESDE ANTES DAS 6 DA MAÑÁ).

Seguirei informando. Non pode ser... non pode ser!!!!!!!

sexta-feira, 13 de abril de 2007

De libros e pizzas a montañas e ovellas (II e medio)



Este si que é o lago Ness, vaia, un anaco do mesmo. Como podedes ver, tivemos un sol de carallo durante todas as vacacións.

P.D. para os colegas de escáus: Acabei o NRU!!!!!!!!!

De libros e pizzas a montañas e ovellas (II)


E... velaí o está! Por mor do interese suscitado arredor de Nessi, aquí tendes un documento gráfico do monstro do lago Ness. A foto está sacada nas instalacións da "Nessi Experience", onde hai un museo e todo tipo de trebellos relacionados co bicho.
Na viaxe, conduciu Moncho, o irmán da Estevaíña; ao principio, facíase un pouco raro levar o coche polo lado contrario, pero ao cabo de 5 minutos, xa estaba controladísimo. Despois de alugar o coche en Dundee fixemos unha viaxe de aproximadamente dúas horiñas e media até Inverness, que é unha vila ao norte do lago Ness bastante chula; alí fixemos noite. A media hora escasa ao sur de Inverness, comeza o IMPRESIONANTE lago, que ten 32 km. de longo e, creo recordar, chega aos 250 metros de profundidade. Hai máis auga no lago Ness que en todas as reservas de Inglaterra (ou iso puña no carteliño).
No mesmo día en que chegamos a Inverness, xa tiramos para o lago (cuxo final nunca chegamos a ver); no camiño atopamos varias rotas de sendeirismo, das cales fixemos unha e media... xa vos porei fotos, porque os sitios eran de flipar.
Ahh! por certo, hoxe, venres 13, volvemos a ter internet no 7H... día feliz.

quarta-feira, 11 de abril de 2007

De libros e pizzas a montanhas e ovellas (I)


O d'ia 30 de maio 'as 12 do mediod'ia tinha que entregar 4 traballos de curso diferentes que, finalmente, sumaron un total de 11752 palabras. Isto supuxo ser medio persoa da semana do 19 ao 25 e ser un zombie do 26 ao 30; O d'ia 30 'as 11:45 estaba hist'erico no 7H escribindo as referencias despois de non durmir en practicamente dous d'ias para o 'ultimo dos traballos. Estevainha, que ese d'ia madrugara, pasou de estar na cama durmindo tranquilamente a verse soterrada nunha morea de libros buscando cidades de edici'on, n'umeros de p'axina e editoriais mentres eu, con cara de psic'opata, e con 100 tics nos ollos por segundo, dic'ia: "Venha, r'apido Billig 1995!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! R'apido, r'apido, que non me vai dar tempo!!!!".
Mira que tenho feito traballos a 'ultima hora, pero o desta vez foi algo f'ora do normal. 'As 11:52 sa'in da casa a fume de carozo con rumbo 'a impresora da biblioteca, onde tiven que esperar a que unha rapaza de aspecto asi'atico e aparentando non m'ais de 12 anos de idade (ou iso me pareceu a min, que ben poder'ia tratarse de William Wallace despois de ganhar a batalla de Stirling) imprimira as que ben pod'ian ser as memorias de Mao en edici'on cr'itica comentada. Eu, con peor cara que Jack Nicholson n' O resplandor, vinha de bater 10 records do mundo e non pod'ia afastar a mirada psic'otica das follas que sa'ian da impresora. Finalmente, traballo en man, volv'in bater outro record do mundo para chegar 'a secretar'ia de sociolox'ia 'as 11:53 horas 'a vez que descubr'ia o leve adianto do meu reloxo. Como era de esperar a secretar'ia estaba ateigada de estudantes con caras semellantes 'a minha. Poucas veces sent'in que descargaba tanto stress como despois de cubrir o impreso correspondente para a entrega dese traballo (o da burocracia brit'anica merece unha entrada a maiores).
Ao d'ia seguinte, 31 de marzo, chegaban Moncho e Carmela a Edimburgo marcando o comezo dunhas vacaci'ons que durar'ian at'e o pasado d'ia nove. Alugamos un coche e percorrimos Escocia de abaixo a arriba e de Oeste a Leste; a foto est'a sacada nunha das m'ultiples paradas na viaxe, concretamente no castelo de Eilean Donan de caminho a illa de Skye.

terça-feira, 10 de abril de 2007

Xa estou aqu'i


Se despois da 'ultima actualizaci'on pensastes que sucumbira baixo tanta presi'on, estabades equivocadas e equivocados. O motivo do abandono temporal do blog nestes 'ultimos d'ias foi a visita de Moncho e Carmela (respectivamente, irm'an e cunhada da Estevainha).
Sen embargo, os acontecementos dos 'ultimos dez d'ias dificilmente poder'ian resumirse nunha soa entrada, polo que a direcci'on do Case sempre en Galiza decidiu publicar nas vindeiras edici'ons unha cr'onica do que pasou, titulada: "De libros e pizzas a montanhas e ovellas". Pero antes de nada, catro cousas:
  1. Felicidades con retraso a minha prima Susi e a meu primo Sergio!!!!! sinto non tervos felicitado como 'e debido, pero andaba sen o m'obil galego e, polo tanto, sen os vosos n'umeros.
  2. A Richi: Estamos trabajando en ello (con acento texano). Gracinhas por avisar!
  3. Aproveito o comentario do t'io Matt Penabad, para mandar unha agarimosa aperta a todos os lectores e lectoras nas sombras do Case sempre en Galiza; d'adeslle un aquel de misterio a este blog, facendo que acot'io me pregunte: "quen o ler'a? quen ampliar'a as fotos para velas mellor? quen ter'a as paredes do seu cuarto forradas con fotos do blog?".
  4. A Carmen A.: Gracinhas a M'onica pola invitaci'on. A verdade que non tenho claro cando regresarei; como moi tarde sobre o vinte de xunho.

A foto 'e un adianto do que se avecinha. Unha ovella con tendencias suicidas no medio das Highlands; a foto est'a sacada desde dentro do coche. Pero, que coche? preguntar'edesvos... iso desvelarase outro d'ia, que agora me botan da biblioteca.