E... velaí o está! Por mor do interese suscitado arredor de Nessi, aquí tendes un documento gráfico do monstro do lago Ness. A foto está sacada nas instalacións da "Nessi Experience", onde hai un museo e todo tipo de trebellos relacionados co bicho.
Na viaxe, conduciu Moncho, o irmán da Estevaíña; ao principio, facíase un pouco raro levar o coche polo lado contrario, pero ao cabo de 5 minutos, xa estaba controladísimo. Despois de alugar o coche en Dundee fixemos unha viaxe de aproximadamente dúas horiñas e media até Inverness, que é unha vila ao norte do lago Ness bastante chula; alí fixemos noite. A media hora escasa ao sur de Inverness, comeza o IMPRESIONANTE lago, que ten 32 km. de longo e, creo recordar, chega aos 250 metros de profundidade. Hai máis auga no lago Ness que en todas as reservas de Inglaterra (ou iso puña no carteliño).
No mesmo día en que chegamos a Inverness, xa tiramos para o lago (cuxo final nunca chegamos a ver); no camiño atopamos varias rotas de sendeirismo, das cales fixemos unha e media... xa vos porei fotos, porque os sitios eran de flipar.
Ahh! por certo, hoxe, venres 13, volvemos a ter internet no 7H... día feliz.
Sem comentários:
Enviar um comentário