segunda-feira, 16 de abril de 2007

LOUCURA

Loucura absoluta. Estou actualizando ás 5:28 horas da mañá (6:28 españolas); Raúl quedara en chamarme ás 6:00 para coller as entradas para o concerto de The Police en Barcelona. Acaba de chamarme hai dez minutos dicíndome que leva intentando entrar na web de venda de entradas desde antes das 6:00 e non o consigue porque atopa unha mensaxe na páxina (www.servicaixa.com) que lle di que non pode acceder a ela porque hai demasiada xente intentándoo á vez, así que baixa a un caixeiro a ver se pode facelo desde alí e me chama. As entradas púñanse á venda a partires das 6:00.

IMPRESIONANTE

Entro eu na páxina a ver se podo e concretamente di:
Atención: Para garantizar la calidad del servicio, temporalmente no podemos admitir más conexiones a la web. Por favor, reintenta la conexión pasados unos minutos. Gracias.

Isto está pasando de facerme graza a acojonarme por medo a quedarnos sen entradas. Maldita sexa, como pode pasar isto???????? Raúl leva intentando acceder á páxina desde antes das 6 da mañá, son as 6:35 e segue saturada!!!!!!!!!!!!!!!!!! Vou matar a alguén, vou matar a alguén. NON PODE SER QUE NOS QUEDEMOS SEN ENTRADAS (VAIA CONCERTAZO, VAIA CONCERTAZO, A PÁXINA SATURADA DESDE ANTES DAS 6 DA MAÑÁ).

Seguirei informando. Non pode ser... non pode ser!!!!!!!

Sem comentários: