terça-feira, 27 de fevereiro de 2007

De volta ao traballo; iso si, un mes m'ais para a entrega do proxecto :)


Tremenda semana vacacional. Estivemos en Dundee, en St. Andrews e en Edimburgo; pas'amolo pipa.
A foto 'e no castelo de Edimburgo, de esquerda a dereita:

Jacobo: Meu irm'an. O luns pasado decidiu madrugar e vir a unha hora de clase comigo e coa Estevainha; enterarse, non se enterar'ia de moito, pero pas'amolo ben. Cada vez que o profesor miraba na nosa direcci'on, Jacobo punha a man diante da cara e miraba para min sen poder conter a risa, ent'on o profesor miraba para outro lado ponhendo cara de Gene Wilder dando clase en El jovencito Frankenstein pel'icula que, por certo, vimos o martes noite no 7H, o cal nos causou, como 'e l'oxico, m'ultiples ataques de risa (ag'as a minha nai, que non quere reconhecer que lle gustou; cando todos r'iamos ela dic'ia: "Boh, no s'e c'omo os puede hacer gracia esa tonter'ia", frase m'itica de minha nai. Por suposto, en realidade fac'ialle graza).

Encarn'in: Minha avoa. Malia ser a maior do grupo, foi, con moita diferenza, a que menos se cansaba 'a hora de caminhar, subir costas, cargar coa equipaxe etc. etc. A noite do luns foi hist'orica por ser a primeira vez en que non era ela quen fac'ia a cea para min, sen'on ao rev'es ('e certo, Estevainha cocinhou, pero porque eu estaba recoll'endoos en Edimburgo! De todas formas foi unha cea impresionante que requiriu un mes de preparativos, consultas e compras nos que participei activamente). Ademais, regaloume a minha nova e chul'isima gorra que mola infinito, a'inda que Jacobo diga que 'e de vello... (o seu pendente-diamante mola moito m'ais, claro); xa porei algunha foto para que xulguedes por v'os mesmos/as.

Isabel: Minha nai. Para que minha nai diga que o pasou ben e non: "Bah, tampoco fue para tanto" despois dunhas vacaci'ons, xa puideron ser flipantes. Percorrimos con ela todas as tendas de Dundee, St. Andrews e Edimburgo; hai que dicir que levou fatal o horario laboral escoc'es ('as 6, todo pechado). Malia saber m'ais gram'atica inglesa ca min, tardou en dicir "thanks" en vez de "gracias" e "hi" en vez de "hola", sen rir despois. Creo que foi ela quen quedou coas fotos, as'i que suponho que as andar'a ensinando a todo o mundo.

Arturo: Eu. Buff, xa estou canso de escribir... direi que o pasei tremendo, foi unha semana de vacaci'ons... agora volvo co proxecto e traballos varios.

Esteva'inha: Minha companheira de piso en particular e de vida en xeral. Tam'en o pasou tremendo. Nos d'ias de Dundee, todo o tempo preocupada de se o resto est'abamos c'omodos/as e a gusto, anfitriona exemplar.
Estevainha: "Arturo, que por a'i se vai 'a praia!"
Arturo: "Que non, que isto 'e o paseo mar'itimo"
Claro, ao final 'iase 'a praia.

domingo, 18 de fevereiro de 2007

Visita inminente!!!!!!!!!!!!!!


Hoxe chega visita! Despois de preparativos varios, ao cabo chega a hora... hoxe 'as 19:45 chegan minha nai, meu irm'an e minha avoa a Edimburgo e as 22:35 chegamos a Dundee. Despois dun mes raiando aos colegas escoceses para sonsacarlles alg'un alimento digno de entre a s'ua limitada gastronom'ia nacional, temos incluso a cea preparada. Tam'en itinerarios preparados para aproveitar at'e o 24 que andan por aqu'i. Van ser unhas vacaci'ons para elas e para n'os.
Na foto de arriba estou na minha caverna de estudo, currando no proxecto do cal xa levo escritas 4.000 das 10.000 palabrinhas; antes tinha medo de non chegar e agora tenho medo de pasarme, a ver que pasa.
Como moitos/as de v'os xa sabedes xa tenho, POR FIN, as notas, despois de 3 meses de correcci'ons varias (non s'o polos profes/as de aqu'i, sen'on tam'en por avaliadores externos, ou sexa, profes/as doutras universidades do Reino Unido para asegurar a uniformidade de criterios no sistema educativo estatal... que tomen nota na UdC). Pagou a pena a espera? 7,75 puntos de media sobre 10 din que si.
Como dixo meu primo Sergito: "Minha nai di que noraboa, pero eu non, que se che dan unha bolsa ser'a para aproveitala, digo eu". A'i falaches Sergito.

sábado, 10 de fevereiro de 2007

Como neva miudiño, como miudiño neva...



Hoxe non castigarei os vosos ollos facéndovos trocar apóstrofos por acentos gráficos; por que? preguntarédesvos... pois porque San Wifi voltou abenzoar o 7H coa súa presenza incorpórea, iso si, Forza do sinal: moi baixo; por canto tempo? iso quixera saber eu.

Cambiando de terzo. O sinal que vedes na foto está debaixo da miña casa. A primeira vista, parece de coña, logo parece que lle atopas a lóxica (secadra bastante humillante) ao descubrir o asilo que ten a cen metros, pero pasan os días... E chega a fin de semana... e ás 19:30 abre as portas o karaoke... a xente fuxe ás súas casas... todo está en silencio e... de súpeto, empezas a comprender a verdadeira natureza do sinal.

En Dundee non hai que terlle demasiado medo aos macarras de menos de 50 anos, senón a panda de vellos/as altamente violentos/as que se xuntan a "cantar" no Windsor Lounge, que é como se chama o karaoke. Non escribo "cantar" porque canten mal, senón porque esa é a excusa para comezar a dialéctica de: ti rómpesme a cervexa a min, eu ábroche a cabeza a ti etc.

Pois iso, que hoxe é sábado e vou quedar na casa a darlle voltas ao proxecto; a ver a que lían esta noite. En certo xeito, é como cando chapas na Coruña polas tardes e fas o intermedio ás 19:30 para ver Songoku.

terça-feira, 6 de fevereiro de 2007

De volta de Glasgow


Despois dunha fin de semana moi intensa na que en dous d'ias pateamos m'ais do que o resto do curso en Dundee, estamos de volta de Glasgow.
Datos:
1/ Fumos coas francesas (ente que se comp'on de catro persoas, a saber: Lea, Laure, Cecile e Dimitri), das que, seguramente, xa vos contei algunha historia cando estiven na Corunha en nadal. Por certo, que hoxe van vir ao 7H para ver As d'uas torres... velada friki internacional.
2/ Durmimos nun albergue (http://www.euro-hostels.co.uk/Glasgow_hostel/) que, malia non acadar a categor'ia de desastroso, foi sen d'ubida o peor dos que at'e o de agora visitamos. Eu durm'in nun cuarto de oito con Dimitri e outros 6 fulanos m'ais. Un deles, o que tinha na liteira de abaixo, era basicamente asi: http://www.chefantasia.com/sfondi/blade%202.jpg, e decidiu deixar os seus gallumbos colgados da minha cama at'e pasada 1 da madrugada.
3/ Visitamos unha chea de sitios tremendamente caralludos. Un deles, a catedral (ver foto); a 5 minutos da catedral hai un cemiterio inmenso desde o que se pode ver boa parte da cidade... Ademais, sobra dicir que o 99% dos museos son gratis e est'an tremendos.
4/ Coincidencias:
A/ Cando estaba no cuarto a piques de sa'ir a conhecer a noite Glasgowian, pet'aronme na porta... era Brais, o outro da Corunha, que vinhera a 'ultima hora cunha panda de espanhois que andan con el.
B/ Collendo o bus de volta a Dundee atopeime a Paul, colega escoc'es do que tam'en vos deb'in falar en nadal (foi o que nos fixo desconto no castelo de Stirling, onde curra e, sospeitamos, vive nas mazmorras). A conha 'e que vinha directamente de Barcelona onde, en palabras del mesmo: "Ia caminhando pensando que ao mellor me atopaba con Arturo" (????)... as horas no castelo p'aganse moi caras...; a frase acababa: "e vou e v'exote en Glasgow collendo o bus". Pois si, a verdade que manda carallo.
5/ O Celtic Connections non foi tan tremendo como esperaba. Para empezar era car'isimo, cada concerto pod'ia sa'ir por unhas 12 libras de media, as'i que nos limitamos a ver os concertos gratis de grupos n'obeis. A'inda as'i flipamos co nivelazo. Ref'orzase a minha devoci'on por Ortigueira.
6/ O ambiente nocturno absolutamente impresionante. Estivemos nun dos mellores antros que vin na vida: Firewater... O bar egeo... unha MERDA comparado con iso.
7/ Quedamos saturados pola comida lixo. Vaia, unhas m'ais que outros... Esteva'inha pasou a noite vomitando despois de deleitarse co marabilloso fish & chips http://www.icons.org.uk/theicons/collection/fish-and-chips/image_large.
Ach'egase o tempo de visitas... mantereivos informados/as.