quinta-feira, 24 de maio de 2007

Chegou a hora II


O "case sempre en Galiza" naceu coa data de caducidade escrita na tapa e desde o meu centro de operacións habitual, véxase a foto, escribo a última entrada. Durante este tempo penso que serviu coma un instrumento de comunicación bastante útil para que lérades e vírades como me ían as cousas a 2.734 kms. ao norte da Coruña. Agora que xa vos podo contar en directo como me vai a vida, o case sempre perde a súa funcionalidade.

Este ano en Escocia deu moito de si; quizais non valeu para algunhas das cousas nas que eu pensaba antes de marchar, pero de certo valeu para moitas outras que non esperaba atoparme tan de cheo. No plano persoal non creo que aínda sexa demasiado consciente do impacto da experiencia; secadra, de entre as mellores cousas neste sentido, atópanse a xente interesante que coñecín e un modo de vida que para min foi novo en moitos aspectos. No plano intelectual si son consciente abondo do que supuxo: unha salvación.

O "case sempre en Galiza", dicía, naceu coa data de caducidade escrita na tapa e marca agora. Sen embargo...

Intúo que rexurdirá.

De paseo III


E non podía falar de Dublín e non poñer unha das fotos no inmenso museo/almacén da Guinnes. Esta está tirada no sétimo, e último, dos andares do museo. É un bar cilíndrico desde o que se pode ver boa parte da cidade e no que, aínda por riba, invítanche a unha Guinnes. Teño que dicir que, aínda despois de dúas horas recibindo información do proceso de elaboración da devandita cervexa, as 11 da mañá segue sen ser un bo momento para meterse unha pinta... deixei a metade.

De paseo II


Aínda que Kevin non paraba de repetir que en Dublín pasaban as catro estacións nun só día, e razón non lle faltaba, a verdade é que tivemos un tempo caralludo. Esta foto está sacada na parte verán do día, xusto antes de coller o avión para o aeroporto, de fondo unha das múltiples pontes que cruzan o Liffey; esta inaugurouse no tempo en que os ingleses dominaban a illa, ao mellor é por iso a xente non adoita cruzala (emprégase para que pase o tranvía; si, un tranvía que usa a xente normal e que cumpre unha función).

quarta-feira, 23 de maio de 2007

De paseo


Despois de deixar Dundee o día 18 pasamos, como xa vos comentara, uns días en Dublín ocupando a casa de Kevin. Esta, no monumento a Oscar Wilde, é unha das pouquísimas fotos na que aparecemos os tres. Kevin é unha desas persoas que che fan recuperar a fe no xénero humano, incríbel anfitrión, fixo ademais de guía por Dublín adiante durante tres días; durmimos na súa casa, estivemos cos seus colegas, aturou os momentos de comprar regalos e, grazas a el, melloramos o noso ouvido para o inglés (para que vos fagades unha idea, vocaliza coma min) e somos capaces de entender o acento dos Dubliners. Pois iso, que foron catro días moi bos, nos que estivemos por Dublín, por certo ateigado de españois, e que serviron para suavizar o inmediato da reincorporación á vida en Galiza.

quarta-feira, 16 de maio de 2007

De picnic


Vai outra entrada, que hoxe estou lanzado. Isto foi hai un par de semanas, de pseudo-churrascada coas mini barbacoas desbot'abeis de 1£. En pe tres galegos e un espanhol de Zaragoza, que ademais o tapo eu. No chan, colegas de Polonia (que aqu'i son lexi'on) con Elisa ao fondo. A de branco, moza do de amarelo, ofreceunos a s'ua casa e os seus servizos como gu'ia tur'istica, para unha viaxe polo pa'is no que presidente e primeiro ministro son irm'ans xemelgos a finais de ver'an... ahh... o amor non ten fronteiras.

De cea II


E para non excluir 'a Esteva'inha, autora da foto da entrada anterior, aqu'i vai unha foto s'ua. Tam'en vos presento ao drag'on que est'a chantado no medio da High Street de Dundee.

Non vos parece unha m'agoa que non o vira Paco V'azquez antes de marchar para o Vaticano? O bonito que 'ia quedar semellante animal ao car'on do Millenium, maxestuoso, mirando ao mar...

De cea


Como poderedes deducir, estas 'ultimas semanas estiven moi liado. Agora as cousas andan un pouco m'ais relaxadas.
Aproveito este momento de alegr'ia vacacional para presentarvos a algunha xentinha de clase. De esquerda a dereita: Brais (da colonia galega), Eu (si, medroume o pelo), Kayleigh (rebosa escocicidade; despois de tres meses con ela segu'ia sen collerlle o acento... empezala a entender ben supuxo un aumento de nivel moi ben recibido), Elisa (de Santa Cruz de Li'ans), Giorgina (escocesa con pronunciaci'on m'ais brit'anica... un alivio, sobre todo ao principio) e Kevin (irland'es cuxa casa imos ocupar do 18 ao 21; a amabilidade feita guinnes).
Tam'en vos presento 'a Counting House, o lugar onde transcorreu a cea e onde bebimos m'ais pintas e comimos m'ais almorzos escoceses (= inxecci'on de colesterol directa ao coraz'on).

terça-feira, 15 de maio de 2007

En breves pola Corunha

Hoxe non tenho foto, pero d'a igual. Acabo de facer o derradeiro exame.
Estou de vacaci'ons! Hoxe festa; manh'a recados... xa non queda nada.
Ach'egase a morte do case sempre?

segunda-feira, 7 de maio de 2007

Abur Italy Express


S'o paso pola biblioteca para devolver un par de pelis e de paso mirar o correo as'i que actualizaci'on r'apida, pero importante. Hoxe rematei de currar!!
Despois de sete meses entre pizzas, pastas, pans de allo, sopa do d'ia, patacas fritidas e un longo etc'etera de delicias graxentas, esta frase...
"Pizzas? Oh! We have cheese and tomatoe, pepperoni, ham and pineapple, chicken and sweetcorn and, the new one, spicy chicken"
... adquiriu a categor'ia de m'itica e para min 'e tan ou m'ais escocesa ca do cartel da foto.
Cousas boas que saquei do choio:
  1. Cartos.
  2. Despois de pelexarme sete meses cos habitantes de Dùn Dèagh, o meu ingl'es mellorou bastante/moito, sobre todo a capacidade de escoita.
  3. Unha invitaci'on a unha voda na India en xullo.
  4. Conhecer un amplo elenco de canci'ons tradicionais indias e unhas noci'ons b'asicas de indi.
  5. Conhecer xente: boa, interesante, rara e, tam'en, imb'ecil.
  6. O "National Insurance Number", que 'e BASTANTE chungo de conseguir e me vai facilitar moito as cousas se alg'un d'ia quero volver por estes lares.

Cousas malas que saquei do choio (menos das que esperaba):

  1. Aburrimento nos turnos de tarde por semana.
  2. Un corte no brazo que mereceu catro puntos e que alg'un solucionaba con d'uas tiritas... o que nos recorda, nenos e nenas, a importancia de saber de primeiros auxilios. Esta non foi mala, mala... digamos que regular, xa que me permitiu conhecer mellor o sistema sanitario escoc'es.

Vaia, seguro que me esquece algo, pero non me quero parar a pensar m'ais que manh'a tenho un exame.

P.D.: Mam'a, pap'a, tranquilos. Rexeitei a invitaci'on 'a voda india.

quinta-feira, 3 de maio de 2007

Elecci'ons


Hoxe estamos de elecci'ons. A pol'itica escocesa est'a bastante animada, desde logo... sobre todo na prensa. Eu que flipaba coa campanha que lle est'a facendo La Voz a Losada, non sab'ia realmente o que era xogar sucio, polo menos os da Voz disimulan (algo).
Entre as portadas dos "tabloids" sensacionalistas ingleses con edici'on escocesa podemos atopar hoxe titulares como: "Se votas ao SNP, aforcar'as a Escocia", "Recorda que votando hoxe elixir'as ao goberno escoc'es, non 'e un voto de castigo a Blair", "Non votas en contra da guerra de Iraq, votas aos que van dirixir as t'uas escolas e hospitais", "Este home (o da foto, pero con cara de s'adico) quere romper Escocia" etc. etc. Cando sa'in do choio 'as 15:00 fun comprar o Scotsman, "the Scottish National Newspaper" e era o 'unico que xa estaba esgotado; ser'a un sinal? esperemos que si.
Foto: Alex Salmond (SNP), pr'oximo First, que non Prime, Minister? ver'emolo (escoit'aremolo, que non temos tele) hoxe.

quarta-feira, 2 de maio de 2007

De libros e pizzas a montanhas e ovellas V


Agora si que xa est'a rematado o proxecto; onte fixen a presentaci'on e estivo bastante ben, a ver se conseguimos que nos pasen os v'ideos...
A foto est'a sacada desde diante do albergue no que durmimos na illa de Skye, xusto ao cruzar a ponte que une a illa co resto de Escocia, vaia sitio, vaia sitio!