Despois de deixar Dundee o día 18 pasamos, como xa vos comentara, uns días en Dublín ocupando a casa de Kevin. Esta, no monumento a Oscar Wilde, é unha das pouquísimas fotos na que aparecemos os tres. Kevin é unha desas persoas que che fan recuperar a fe no xénero humano, incríbel anfitrión, fixo ademais de guía por Dublín adiante durante tres días; durmimos na súa casa, estivemos cos seus colegas, aturou os momentos de comprar regalos e, grazas a el, melloramos o noso ouvido para o inglés (para que vos fagades unha idea, vocaliza coma min) e somos capaces de entender o acento dos Dubliners. Pois iso, que foron catro días moi bos, nos que estivemos por Dublín, por certo ateigado de españois, e que serviron para suavizar o inmediato da reincorporación á vida en Galiza.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário