S'o paso pola biblioteca para devolver un par de pelis e de paso mirar o correo as'i que actualizaci'on r'apida, pero importante. Hoxe rematei de currar!!
Despois de sete meses entre pizzas, pastas, pans de allo, sopa do d'ia, patacas fritidas e un longo etc'etera de delicias graxentas, esta frase...
"Pizzas? Oh! We have cheese and tomatoe, pepperoni, ham and pineapple, chicken and sweetcorn and, the new one, spicy chicken"
... adquiriu a categor'ia de m'itica e para min 'e tan ou m'ais escocesa ca do cartel da foto.
Cousas boas que saquei do choio:
- Cartos.
- Despois de pelexarme sete meses cos habitantes de Dùn Dèagh, o meu ingl'es mellorou bastante/moito, sobre todo a capacidade de escoita.
- Unha invitaci'on a unha voda na India en xullo.
- Conhecer un amplo elenco de canci'ons tradicionais indias e unhas noci'ons b'asicas de indi.
- Conhecer xente: boa, interesante, rara e, tam'en, imb'ecil.
- O "National Insurance Number", que 'e BASTANTE chungo de conseguir e me vai facilitar moito as cousas se alg'un d'ia quero volver por estes lares.
Cousas malas que saquei do choio (menos das que esperaba):
- Aburrimento nos turnos de tarde por semana.
- Un corte no brazo que mereceu catro puntos e que alg'un solucionaba con d'uas tiritas... o que nos recorda, nenos e nenas, a importancia de saber de primeiros auxilios. Esta non foi mala, mala... digamos que regular, xa que me permitiu conhecer mellor o sistema sanitario escoc'es.
Vaia, seguro que me esquece algo, pero non me quero parar a pensar m'ais que manh'a tenho un exame.
P.D.: Mam'a, pap'a, tranquilos. Rexeitei a invitaci'on 'a voda india.
Sem comentários:
Enviar um comentário