sábado, 10 de fevereiro de 2007

Como neva miudiño, como miudiño neva...



Hoxe non castigarei os vosos ollos facéndovos trocar apóstrofos por acentos gráficos; por que? preguntarédesvos... pois porque San Wifi voltou abenzoar o 7H coa súa presenza incorpórea, iso si, Forza do sinal: moi baixo; por canto tempo? iso quixera saber eu.

Cambiando de terzo. O sinal que vedes na foto está debaixo da miña casa. A primeira vista, parece de coña, logo parece que lle atopas a lóxica (secadra bastante humillante) ao descubrir o asilo que ten a cen metros, pero pasan os días... E chega a fin de semana... e ás 19:30 abre as portas o karaoke... a xente fuxe ás súas casas... todo está en silencio e... de súpeto, empezas a comprender a verdadeira natureza do sinal.

En Dundee non hai que terlle demasiado medo aos macarras de menos de 50 anos, senón a panda de vellos/as altamente violentos/as que se xuntan a "cantar" no Windsor Lounge, que é como se chama o karaoke. Non escribo "cantar" porque canten mal, senón porque esa é a excusa para comezar a dialéctica de: ti rómpesme a cervexa a min, eu ábroche a cabeza a ti etc.

Pois iso, que hoxe é sábado e vou quedar na casa a darlle voltas ao proxecto; a ver a que lían esta noite. En certo xeito, é como cando chapas na Coruña polas tardes e fas o intermedio ás 19:30 para ver Songoku.

1 comentário:

Anónimo disse...

hola mi vida.hace mucho q no actualizas el blog.¡ENHORABUENA¡por la primera notaza del curso.Aun voy a hacer las maletas ahora.Mañana ya nos vemos en Edimburgo,je,je,je.¡que frio vamos a pasar¡Dile a Estefania q no haga nada,ya cenamos en cualquier sitio.preparate que nos tienes que aguantar una semana.un besazo.mama